jueves, 23 de agosto de 2012

¡¡XA FALTA POUCO!! HOXE, O III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 NO BAR TROYA


"Os Furabolas" (Quesy e Trillo) -subcampións- e "Juanitos" (Diego e Jallas) -campións-, pousan con Lelo, propietario do Bar Troya, intres antes de comezar a final do I OPEN.


Hoxe, venres 24 de agosto, a partir das 20:30 horas, terá lugar no Bar Troya (Marzán) o III Open de Futbolín O Rosal 2012.

Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo, no que se entregarán premios aos catro primeiros equipos e agasallos-recordos para todos os participantes.

O sistema do campionato e de xogo serán os mesmos que en anteriores edicións. Os xogadores/as anótanse individualmente, por estrita orde de inscrición, tendo o seu correspondente número. Unha vez reunidos no Bar Troya, celebrarase o agardado sorteo no que se sacarán os números dun “bingo futbolineiro”, coñecendo así, mediante o azar e o destino, ao compañeiro/a de cada participante.


Destacar que neste Open xogarán cinco rapazas e haberá dous debutantes en competición oficial (Mario Treinta Alonso e Álex Casal Iglesias).

Pola miña parte, só dicirvos que ¡¡disfrutedes deste campionato entre amigos/as!! Espero de verdade que vos sintades a gusto e que o pasedes ben co noso xogo preferido.

¡¡Benvidos a todos/as e moita sorte!! 

Esta é a relación completa dos participantes no III Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya:

PARTICIPANTES NO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA



1.- Diego Álvarez Fernández

2.- Rebeca Rodríguez Rodríguez

3.- Ignacio Moure Pérez

4.- Sergio Diego Fernández (Frony)

5.- Ángel Martínez Diego

6.- Mario Treinta Alonso

7.- Carlos Álvarez Antúnez (Sevi)

8.- Ruth Martínez Barbosa

9.- Óscar Rodríguez Vicente

10.- Santi González Correa

11.- Sergio Rodríguez Álvarez

12.- Diego Domínguez Rodríguez

13.- Pedro Fernández Carrera

14.- José Gómez Gómez

15.- Braulio Álvarez González (Galis)

16.- Álex Casal Iglesias

17.- Sergio Rodríguez Rodríguez

18.- Yors Silva Álvarez

19.- Gabriel Pérez Rodríguez

20.- Óscar Sabarís Meño

21.- Mary Domínguez Rodríguez

22.- Adrián Maquieira Pereira

23.- Óscar Rodríguez Vicente (Skape)

24.- Gera González Gómez

25.- Sergio Casal Fernández (Yeya)

26.- Sergio Martínez (Demo)

27.- Dani Rodríguez Martínez

28.- Gustavo Jurado Fernández

29.- Luis Martínez Pereira

30.- Eva Fernández Vicente

31.- Andrés Martínez Rocha

32.- Rosy Pereira Moledo