Xa de volta no Rosal, vai o meu agradecemento para a Organización da I edición de Galician Awards Cache que se celebrou este domingo 9 de setembro no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo) e que tiven a honra de presentar.
Hai que lembrar que moitos dos cachés galegos están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.
Velaquí vos deixo unha pequena crónica e a reportaxe fotográfica desta inesquecible xornada:
De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.
De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.
Xa de tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.
Resultou premiado como mellor caché de fóra de Galicia “Sons da Floresta” de Jotapesantos (Pedro Santos, “O mestre do Geocaching”, de Portugal). Entregou o premio Emilio Viéitez, un dos organizadores e membro de “Sufridores Celestes”.
O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.
O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.
Destacar as diferentes actuacións durante a I Galician Awards Cache, do grupo musical “Tincho Fernán y Cía”, lembrando que coa súa canción “Nada, nada” estiveron no Maketón dos 40 Principales e na actualidade preparan o seu primeiro disco, co recoñecido produtor Javier Abreu.
O monologuista Gabi (Gabriel Correa) do grupo “Avento” puxo a nota de humor do evento facendo unha simpática parodia das recentes e pasadas Olimpíadas.
A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.