Boas a todos/as:
¿Que tal estades? ¡Agardo que ben!
Coméntovos que este sábado 15 de setembro celebraremos no Bar Troya o I CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN 2012, unha festa lúdico-gastronómica, onde nos xuntaremos para pasalo ben co noso xogo preferido á vez que degustamos un bo churrasquiño.
O evento ten participación libre, calquera se pode apuntar, con agasallo de lembranza asegurado e coa opción de só comer o churrasco ou tamén de xogar un amigable torneo de futbolín entre os/as asistentes. Todo isto (churrasco-open) polo fantástico prezo "anti-crise" de ¡¡5 euriños!! O prazo de inscrición rematará este venres pola tarde.
Coa inestimable axuda de moitos/as de vós e do Bar Troya que, dende que solicitei colaboración para o meu novo proxecto sociocultural se está implicando ao máximo, celebraremos unha nova xuntanza. ¡Desta vez, todo o día! A partir das 12 da mañá alí estaremos, en Marzán, para comezar a organizar todo e botarlle as primeiras partidiñas ao futbolín.
Ás 15 horas comezará oficialmente o I CHURRASCOPEN. Comeremos, faremos o sorteo dos equipos e ¡a xogar e a disfrutar!
Se queredes máis información ou anotaros nesta festa do futbolín, non dubidedes en contactar comigo.
¡Graciñas e saúde! Bicos e apertas!