martes, 13 de noviembre de 2012

ENTREVISTA NA RADIO MUNICIPAL DE TUI SOBRE OS MUÍÑOS DA COMARCA NO PROGRAMA DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO


David Millar, Juan Ramón, Alberto Romero e X.M.Tamuxe. (Foto: Nuria Patiño Vieites)

Hoxe, martes 13 de novembro, fomos convidados meu pai (Xoán Martínez Tamuxe) e máis eu, aos estudos da Radio Municipal de Tui para participar no programa "Descubrindo O Baixo Miño", que estivo adicado esta vez, aos muíños na nosa comarca.

O espazo estivo moderado polo presidente de Turismo Baixo Miño, David Villar e acompañounos tamén Alberto Romero, presidente da Asociación de Muiñeiros do Tripes.

Durante o programa sobre os muíños no Baixo Miño. (Foto: Nuria Patiño Vieites)

Analizamos no programa a situación actual deste patrimonio, profundizando tamén, por suposto, nas súas raíces prehistóricas e históricas.

Centrámonos sobre todo nos muíños do Folón e do Picón, un dos referentes turísticos e culturais da vila do Rosal, así como nos  recentemente restaurados muíños do Porto en Vilameán (Tomiño). Destes dous conxuntos etnográficos, como algúns xa sabedes, temos publicados sendos libros. 

Juan Ramón pousa diante do Muíño do Medio no Porto (Vilameán-Tomiño)

Un verdadeiro placer compartir coñecementos e sensacións sobre este interesante tema con Alberto Romero durante a media hora de programa na RMT. Felicitar dende aquí, como non, a David Villar pola condución do mesmo e a Nuria Patiño Vieites e á Asociación Turismo Baixo Miño por este novo convite.