martes, 16 de julio de 2013

PROGRAMA DA XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL



Xa falta pouquiño para unha das citas máis importantes do calendario turístico e cultural de O Rosal.
A Casa Rural Abadía das Eiras acolleu o pasado venres 12 de xullo de mañá, a presentación da XXI edición da Feira do Viño do Rosal.

A inauguración oficial da Feira será este venres 19 de xullo ás 20:00 horas na Praza do Calvario. O pregoeiro deste ano será o tudense Alberto González Prelcic, Estrella Michelín 2012.

O cartel anunciador da Feira é obra do rosaleiro Diego Bello de la Santísima Trinidad. Haberá un grupo de voluntarios que informarán aos visitantes e un servizo de autobuses gratuíto entre A Guarda e O Rosal.


XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

A Feira do Viño do Rosal celebrarase na céntrica Praza do Calvario os 19, 20 e 21 de xullo. Todas as adegas participantes pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.
A Feira, que está consolidada, recibe anualmente, segundo datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas. Nesta edición haberá 10 adegas participantes, un stand de produtos vexetais, outro do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, así como unha caseta reservada para o municipio de Ponte de Lima (Portugal).
Igualmente, ademais do punto de información e venda de cataviños no centro da Praza, colocaranse carpas de produtos gastronómicos, estará de novo o stand de voluntariado da Feira do Viño e un stand da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer o Proxecto medioambiental Life + Viñas Atlánticas. 

PROGRAMA

Xoves, 18 de xullo

6ª XORNADA TÉCNICA DO VIÑO DO ROSAL
Xoves 18 de xullo as 19:00 horas. Empezaremos cunha conferencia:  Por qué os nosos viños son diferentes?, e a continuación daremos un Paseo polos viños galegos.
A actividade será compartida e dirixida por Laura Montero Rodil e Dominique Roujou de Boubée.

Venres, 19 de xullo

20.00 Inauguración a cargo do Conselleiro Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández Fernández de Rojas.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Alberto González, Estrella Michelín 2012 (Restaurante Silabario, Tui). 
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga Os Zanfonos.

Sábado, 20 de xullo

20:30 Actuación da Charanga Air Jalisia

Domingo, 21 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:30 Actuación da Charanga 5 máis 1.

24:00 Clausura da Feira


ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA
           
Exposición no Salón de Exposicións
Horario das Exposicións:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 13:30  e de 20:00 a 22:00 horas                      

Exposicións:
  • PINTURA do GRUPO IMPÁS
  • ESCULTURAS de JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ CORREA
  • XX MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL”