martes, 6 de agosto de 2013

A AELG ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA EN SANTIAGO




A Asociación de Escritores en Lingua Galega (da que -como sabedes- son membro dende 2008), e a súa Escola de Escritoras-es organiza a partir do 14 de setembro un Obradoiro de creación literaria impartido por Alicia Fernández Rodríguez

Esta actividade terá lugar na Sala de didáctica da Fundación-Museo Eugenio Granell (Praza do Toural) en Santiago de Compostela, cuxa concellaría de Normalización Lingüística posibilita que a inscrición sexa gratuíta.

Para inscribirse e para máis información facede clic aquí