miércoles, 30 de octubre de 2013

PRESENTACIÓN DO PROXECTO PARA A RECUPERACIÓN E A TRANSMISIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL DA GUARDA

Imaxe (realizada co móbil) da actuación do grupo musical "Da outra margem"
O pasado venres 25 de outubro fun convidado á presentación do "Proxecto para a recuperación e a transmisión do patrimonio inmaterial do Concello da Guarda" que se celebrou na Casa dos Alonsos, na propia vila do Trega.
Ata alí achegueime co amigo e novo empresario Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta" para coñecer máis de preto esta iniciativa histórico-etnográfica e cultural.
O meu agradecemento ao Concello da Guarda e ao Grupo de Acción Costeira (GAC) Vigo-A Guarda, organizadores do acto, pola súa deferencia comigo, e en especial para o concelleiro de Patrimonio guardés, Javier Crespo González.