lunes, 7 de octubre de 2013

XURADO, XUNTO CON FLORENCIO RUBIO E NAOMI BREY, DO VII CERTAME "VIAXANDO"




O pasado xoves día 3 de outubro no Concello do Rosal, formei parte do tribunal cualificador para seleccionar a imaxe gañadora do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.

O xurado -que estivo formado polos fotógrafos Florencio Rubio Silva, Naomi Brey e máis eu- seleccionou como gañadora "de entre máis de 40 fotografías, a foto titulada Mausoleo, Ho Chi Minh, Hanoi,da moza Carmen Díaz del Río Núñez-Torrón que presentou a súa fotografía na OMIX de Gondomar".


Segundo comunica a OMIX rosaleira "As fotografías poderán ser visitadas a partir do día 18 de outubro no Concello do Rosal, data na que se entregará o premio á gañadora, consistente nunha tablet, e no que se inaugurará a exposición que, como tódolos anos, realizará un percorrido itinerante polos concellos participantes no certame do seguinte xeito: outubro no Rosal, novembro na Casa de Xuventude de Tui, decembro en Tomiño, xaneiro na Guarda, febreiro Baiona, marzo ou abril en Porriño, maio en Salceda de Caselas, finalizando en Gondomar no mes de xuño".

Teño que destacar a calidade das fotografías presentadas ao concurso, que en verdade nos dificultou moito a elección da imaxe gañadora.

O meu sincero agradecemento ao Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal por elixirme para formar parte deste Xurado, e como non, os meus parabéns para a gañadora Carmen Díaz.