jueves, 29 de mayo de 2014

"As dúas Marías" descansan por fin xuntas



Onte, mércores 28 de maio, anunciábase nos medios de comunicación que "As dúas Marías" (as irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart), un dos símbolos da capital de Galicia, descansan por fin xuntas -tras unha iniciativa popular- nunha mesma tumba.

Foto EFE

Na miña última visita a Santiago de Compostela, hai uns quince días, non me puiden resistir, como miles de estudantes e turistas dende hai décadas, a inmortalizarme con "elas" na Alameda.

Se queredes saber un pouquiño máis da súa vida velaquí vos deixo un enlace a unha breve biografía de ámbalas dúas.