martes, 13 de mayo de 2014

O Rosal celebra o Día das Letras Galegas 2014



O Día das Letras Galegas 2014 está este ano adicado á figura do escritor e poeta Xosé María Díaz Castro. Para conmemorar esta sinalada efeméride, a Agrupación Musical do Rosal, como todos os anos, organiza na Praza do Calvario unha serie de actos músico-culturais e de lecer.

Tal e como reza o cartel oficial do evento, este sábado 17 de maio, haberá tapas e degustación de viños do Rosal durante todo o día, con actuacións e actividades para nenos e adultos.

¡Dende aquí, os meus parabéns á Agrupación Musical da vila que preside o rosaleiro Iván Diego Martínez!