jueves, 12 de junio de 2014

Tres rosaleiros, á Selección Galega de balonmán

Ramón, Paulo e Xavi. (Fotos: Juan Ramón / BM Villa de Aranda)

Segundo se pode ler no perfil de facebook do Atlético Novás, tres xogadores rosaleiros foron convocados coa Selección Galega absoluta de balonmán para o Desafío Solidario que se disputará o vindeiro sábado 21 de xuño en O Porriño.


A miña noraboa pois, ao extremo dereito e capitán do Novás, Ramón Martínez e ao seu compañeiro de equipo, Paulo Dacosta, extremo esquerdo. Felicitar tamén ao porteiro de Fornelos, Xavi Díaz, do BM Villa de Aranda (ASOBAL).