Foto: (Noticias O Rosal / U.D. Ribera)
Os infantís do club U.D. Ribera de O Rosal véñense de proclamar hoxe, sábado 14 de xuño, CAMPIÓNS DE COPA en Cotogrande, tras vencer 4-2 ao Gondomar, con goles de Martiño, Marco (2) e Alejandro.
Dende aquí a miña noraboa ao equipo que dirixe Sergio Rodríguez Teixeira e por suposto a todos os integrantes e colaboradores do club que preside Estela Pereira Álvarez, por unha temporada 2013/2014 verdadeiramente histórica.
Non en van, hai que lembrar que os propios infantís, xunto cos alevíns e os benxamíns ascenderon a Primeira Autonómica, reflectindo o bo facer da base e canteira da U.D. Ribera, convertíndose ademais, no único club do Baixo Miño con 10 equipos federados e un feminino.
¡¡Parabéns, rapaces!!