domingo, 6 de julio de 2014

Gabriel Marcelli segue ao seu e vence en León

Foto: José María Marcelli

O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido -segundo me vén de confirmar o seu pai, José María Marcelli- gañou esta fin de semana unha nova proba do Campeonato de España de Trial, celebrado esta vez en Pobladura de las Regueras (León).


Gabriel, pese a que non puido competir en Andorra, é un dos firmes candidatos á coroa nacional da especialidade, tal e como se reflectía hai pouco dende a Federación Galega de Motociclismo.

Foto: Floren

De gañar esta temporada, o noso veciño do Rosal proclamaríase Campión de España de Trial por terceira vez (e ademais, de forma consecutiva tras as súas vitorias na categoría xuvenil en 2012 e 2013).

¡Dende aquí, de novo a miña máis sincera noraboa! ¡Grande!