O Centro Cultural da vila da Guarda acollerá o vindeiro venres 24 de outubro ás 20:30 horas, a presentación do novo libro de Joaquín Miguel Villa Álvarez, que leva por título: La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939). El Patronato del Monte Santa Tecla.
Trátase pois da continuación da obra inicial publicada fai dez anos: La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928). La presidencia del indiano puertorriqueño Manuel Lomba Peña.
Miguel Villa, que foi o meu profesor no Bacharelato Unificado Polivalente (B.U.P.), naceu en A Guarda en 1967. É Doutor en Historia Contemporánea pola USC, especialista na emigración galega a Puerto Rico e República Dominicana, ademais de autor de diferentes e recoñecidos libros sobre asociacionismo ou historia relixiosa.
Tal e como sinala Villa, esta nova publicación "es el número cinco de la serie de monografías históricas titulada Las sociedades de A Guarda y su comarca que iniciamos en 1997 con dos objetivos principales: avanzar y profundizar en el conocimiento de nuestra historia (tan rica como sorprendente), y que ese conocimiento nos ayude a entender mejor el presente y nos oriente en nuestras actuaciones futuras".
O libro, que ten máis de 400 páxinas e 256 imaxes, é froito dunha "amplia y minuciosa investigación" en arquivos locais, provinciais e aínda nacionais. Igualmente foi posible grazas ao estudo e revisión de infinidade de documentos e, por suposto, á información oral e entrevistas realizadas por este incansable autor.
¡Dende aquí, Villa, a miña máis sincera noraboa!