Visitantes durante as últimas escavacións de 2013 na vila e necrópole de Currás
Este sábado 25 de outubro (19:00 horas) achegareime ata a Casa da Cultura de Tomiño para asistir á inauguración da Exposición Tomiño Romano. O xacemento de Currás, organizada por este Concello e pola Universidade de Vigo.
Gómez Sobrino, González Santiso e Martínez Tamuxe en Currás (1972)
Como non, alí estará presente un convidado de luxo, o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, único "supervivente" do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño que descubriu esta vila e necrópole de Currás, en 1972.
Hai que lembrar, en palabras de Tamuxe, que nesta nova aventura investigadora e de escavacións que se proseguiu en 2013 "foi peza clave a historiadora e arqueóloga tudense, Silvia González Soutelo, coordinando o equipo técnico o profesor Fermín E. Pérez Losada, da Universidade de Vigo" (na imaxe, debaixo destas liñas).
Certamente son dignas de alabar e de imitar por outros municipios estas exemplares iniciativas do Concello de Tomiño en pro da cultura e da defensa do seu patrimonio.
Máis información, aquí.