Segundo me comunican dende a AELG, onte, 20 de outubro, abriuse o prazo para a inscrición nos Paseos pola Coruña Literaria.
Os Paseos pola Coruña Literaria, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, son visitas guiadas pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
A inscrición pódese realizar na Conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888. Hai un total de 30 prazas por paseo, para maiores de 16 anos.
Os paseos serán os seguintes sábados, de 12:00 a 13:30 horas:
- Xurxo Souto – 1 de novembro.
- Inma López Silva – 8 de novembro.
- Xavier Seoane – 15 de novembro.