Segundo me vén de comunicar a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, mañá 20 de marzo, celébrase o Día Mundial da Narración Oral e o día 21 de marzo, sábado, terá lugar a primeira Polafía do ano en Tallo, Ponteceso.
A Polafía a celebrar ás 17.30 do vindeiro sábado, 21 de marzo, na Escola de Tallo, Concello de Ponteceso, co lema Non deas a esquecemento: regueifeiras/os e a colaboración da Fundación Eduardo Pondal, o Concello de Ponteceso, o Centro Rural Agrupado CRA Nosa Señora do Faro, e o patrocinio da Consellaría de Cultura e a Deputación Provincial da Coruña, contará coa participación de:
- Carmen Eiroa (Pardiñas-Tallo), que falará dos regueifeiros/as que coñeceu (por exemplo, a afamada Leonarda de Tallo).
- Obdulia (Xornes), quen falará de seu pai, o afamado Calviño de Tallo.
- Teresa (A Campara-Cores), contaranos do afamado Cadete de Figueroa-Cores.
- Carmen (Mandián-Xornes), ilustraranos sobre o seu parente, o afamado Mandián de Xornes.
- Matilde Vilariño (Dombate-Borneiro), recitará un poema sobre os regueifeiros, composto especialmente para esta Polafía.
E as regueifeiras e regueifeiros Lola, de Pardiñas (Tallo), Dolores do Coxo (Borneiro), José de Severo (Borneiro), Manuel Fariña (Cesullas) e Suso de Xornes.
O profesorado e alumnado do Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro tamén colabora e participa nesta Polafía.
A parte musical poñeráa Eloy Mato, neto de Matilde Vilariño, de Dombate.
A entrada é libre até completar aforo.
Os contidos serán gravados, catalogados, transcritos e subidos á web da AELG, sumándose aos 760 vídeos xa existentes das 27 polafías celebradas por todo o país desde 2007.