Si. Digo campións porque a verdade é que os/as participantes o tomaron “en serio” e lle deron un pouco máis de “cañita” nesta II edición da Andaina 10k. Aínda que a camiñata era non competitiva, si o era deportiva, polo que pequenos e maiores percorreron o fermoso trazado cun ritmo ben alto durante os 10 km por O Rosal.
Con saída da Praza do Calvario, a 2ª Andaina da Feira do Viño pasou por parte do núcleo urbán da vila, polo Lagar da Soberbia (1772), visita á emblemática ponte do Tamuxe (orixe romana), ou a área recreativa do Muíño das Aceñas (s.XIX, actual Aula da Natureza), facendo aínda parte do Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (PR-G 112).
Pola miña parte, só podo dicir que foi unha honra volver a guiar esta andaina por O Rosal e axudar se cabe a mostrar algúns dos seus infinitos e seductores encantos paisaxísticos e históricos.
Graciñas a todos polo voso humor e complicidade durante toda a Andaina. Así mesmo, noraboa a Carmen e José Luis, que gañaron no sorteo para os participantes da Andaina 10k, sendos lotes do “mediciñal” viño do Rosal e sabrosos produtos da nosa terra. ¡A disfrutalos!
Xa que finalmente ando bastante liado co tema da viaxe ás Américas, compénsovos -en vez de cunha extensa crónica do ocorrido- con esta ampla reportaxe fotográfica, con máis dun centenar de imaxes (que, din, valen máis que miles de palabras). Agardo que vos gusten. ¡Saúdos e ata a próxima!