viernes, 16 de octubre de 2015

Gabriel Marcelli e a súa moto volven a dar gas

Imaxe que lle realicei a Gabri hai uns meses en pleno adestramento

Unha das noticias máis esperadas do deporte do motor tivo lugar onte, xoves 15 de outubro. 

O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido, pentacampión de Galicia e tricampión de España de Trial, escribía no seu facebook esta tranquilizadora e ilusionante mensaxe, tras o seu grave accidente: "Por fin, después de 3 meses, vuelvo a montar en moto. Os dejo un vídeo en cámara lenta de mi regreso".

¡Noraboa Gabri, ánimo e moita sorte, campión!