Segundo me comunican dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, hoxe, luns 19 de outubro, comeza o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade que, coa coordinación de Isabel Mociño, conta coa colaboración da AELG.
A Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Campus de Ourense) acollerá todas as sesións, que comezan ás 17:00 horas. A entrada é libre.
Programa
19 de outubro
Inauguración
A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero
Antón Cortizas (mestre e escritor)
Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral)
26 de outubro
A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras
Fina Casalderrey (mestra e escritora)
Helena Villar Janeiro (mestra e escritora)
3 de novembro
Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras
Paula Carballeira (contacontos, actriz e escritora)
9 de novembro
A poesía infantil. Música dende o colo materno
Antonio García Teijeiro (mestre e poeta)
Clausura