miércoles, 25 de noviembre de 2015

Os deportistas do Rosal, ante o seu mellor partido


Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia de xénero e o concello do Rosal, a través da súa concellaría de Muller, quixo implicarse dun xeito especial, con este loable proxecto.

Segundo se pode ler na súa web: "Temos claro que a violencia non desaparecerá mentres exista una relación desigual entre homes e mulleres, e para isto é imprescindible actuar na educación da xuventude, non só dende a escola, senón tamén nos ámbitos familiar e social.


É por isto que este ano levamos a cabo o proxecto  “Eu tomo partido, ¿e ti?” que queremos que teña continuidade no tempo, ampliándoo a outros colectivos nas vindeiras edicións".

Colaboraron nesta iniciativa, algúns dos mellores deportistas masculinos rosaleiros, comandados polo "mestre de mestres", Félix Piñel, que sen dúbida, con este acto estiveron e están ante o seu mellor partido, ante o seu mellor gol, ante a súa mellor actuación. 

Como di un bo amigo, "O Rosal is different". A calidade humana destes atletas e xogadores supera con creces á deportiva. E iso, neste "Xardín do Baixo Miño", terra de campións, son palabras maiores.

Destacar, e dar a noraboa a estes cracks:

Serafín Martínez Acevedo, ex ciclista profesional do equipo Xacobeo Galicia
Óscar Vicente Rodríguez, campión nacional e internacional de duatlón e triatlón
Víctor Armán, capitán e xogador do Atlético Novás
Ramón Martínez, ex capitán e xogador do At. Novás
Víctor Valderrama, ex xogador do UD Ribera
Raúl Fernández Lorenzo, campión de España de ciclocross na súa categoría
Eric Barceló, campión galego de judo na súa categoría
Gabriel Marcelli Carballido, campión galego e nacional de trial
Iago Cruces, ex xogador e adestrador na actualidade do UD Ribera
Alejandro Estévez, capitán e xogador do UD Ribera
Félix Piñel Alonso, profesor de Educación Física no CPI Manuel Suárez Marquier, responsable e impulsor da carreira profesional de moitos deles.