O Centro Cultural da Guarda acolle hoxe, venres 16 de novembro ás 20:00 horas, a vixésimo terceira edición das Polafías, un proxecto da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, da que son membro dende o ano 2008.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou
veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como
obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o
patrimonio oral, literario e musical.
O elemento humano transcendental e imprescindible no
desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores,
cantadores, romanceadores, etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se
desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que
xenerosamente transmiten o seu saber.
Coa colaboración dos veciños e veciñas da Guarda e Portugal,
da Asociación Cultural Ponte nas ondas e do Concello da Guarda, a Asociación de
Escritoras e Escritores en Lingua Galega leva á vila da Guarda a súa vixésimo
terceira edición das Polafías, un proxecto da súa Sección de Literatura de
Tradición Oral.
Haberá contos, cantos e historias da raia, coa participación:
Carmen Baz, redeira
Xurxo Chirro, Aproximacións
modernas ao patrimonio
Xosé Lois Vilar, Talasonimia,
os nomes do mar en Galicia e Portugal
Praxíteles González Martínez, Cabaqueiro do Rosal
José Benito Rodríguez González, “Tito Chirro” (mariñeiro)
Xerardo Santomé e Camilo, Treboada
de Tomiño
María Aurora Botao Pereira, O
nascimento da pesca en V.P. de Ancora e o contributo de A Guarda
A música poñerana Tino Baz e o Grupo de Pandereteiras
Xamaraina, e o escritor Isidro Novo recitará rimas populares.