jueves, 15 de noviembre de 2012

MOITA SORTE PARA JOSÉ PÉREZ, QUE ACTÚA NO CONCURSO "RECANTOS" DO LUAR (TVG)




O rosaleiro José Luis Pérez Enríquez, coñecido artísticamente por José Pérez, actuará mañá, venres 16 de novembro, a partir das 23:30 horas, no concurso "Recantos", do veterano e archicoñecido programa "Luar" da Televisión de Galicia.

José, de 18 anos de idade, representa á zona do Miño (Baixo Miño, Condado e Paradanta) co difícil tema -na miña humilde opinión- de Juan Camacho, "Júrame".

Dende aquí todo o meu ánimo e apoio para José. O importante é que disfrutes desta experiencia. Como di a canción "... el resultado nos da igual..."



Por certo, haberá unha sorpresa intres antes da súa actuación, pois hai algunhas esceas gravadas para a TVG...

Tal e como diría David, o cantante de Estopa... ¡Vamos José!