¡¡Graciñas a todos/as!!
Pola vosa presenza neste evento, polo voso exquisito compañeirismo, pola vosa axuda e por facer que todo resultase máis doado, de novo, ¡¡GRAZAS!!
O meu sincero agradecemento, en concreto, para Diego Álvarez Fernández, que volveu a preparar un fantástico churrasco, ben secundado polo seu "axudante" Luis Martínez.
Graciñas por suposto a Lelo, propietario do Bar Troya, pola cesión do seu local para a celebración deste xa tradicional acto lúdico-gastronómico.
E por último, grazas a Ruth, Maite, Peter, Deivis, Pipu, Tuka, Dani P., Dani A., Fredo, Min, Metxe, Gera, Adri, Senén, Yeya, Rubén, Matu, Sara, Trinta, Kevin, Naty, Ricar, Valeria, Javi, Nina, Nicolás, María, Felipe, Felipe E., José, Delio... e bueno, a todos os que estivéchedes disfrutando con nós deste II Churrascopen.
Agora, fálovos do "Colmo do Tongo" (jeje). Aínda que pareza o título dunha peli africana ou algo polo estilo... non. Chámolle así, pois o sorteo quixo que me tocara con Jorge Díaz "Tuka" ao futbolín... e que gañáramos o campionato.
E por outra parte, Lelo, propietario do local, tamén gañou con Sergio Rodríguez "Trinta", o torneo de tute. Así que, normal, para os mal pensados... TONGO, TONGO (jeje).
Agora en serio, non me cansarei de agradecervos estas xornadas de amizade, co vicio deste xogo tradicional, o futbolín, que nos une, sempre presente. En breve vos avisarei para o acto de entrega de premios.
¡¡Ata a próxima ocasión!! ¿V Campionato Os Cabaqueiros?...