Primeiros equipos clasificados do I Churrascopen de Futbolín. O Rosal 2012
¡Boas a todos/as!
Que tal!
Tan só lembrarte nesta entrada que xa falta moi pouco para disfrutar da II edición do Churrascopen, unha curiosa xuntanza durante todo o día, que naceu o pasado 2012 e no que se te animas, os participantes poderán comer e cear un rico churrasco á vez que se xoga ao futbolín (¡todo incluído polo incrible prezo anticrise de 5€!).
Yeya e Sevi, campións do I Churrascopen, con Lelo (Bar Troya)
Dende aquí, o meu agradecemento ao Bar Troya e ao seu propietario, Lelo, pola súa inestimable colaboración para acoller de novo, o sábado 21 de setembro, xa de mañá un novo e mítico Churrascopen.
Lembra que non fai falta que teñas parella de futbolín, pódeste inscribir individualmente, xa que o teu compañeiro/a de equipo sairá dun sorteo que se fará intres antes do comezo deste amigable campionato entre amigos/as.
Iso si, este 2013, teremos tamén unhas timbas de tute. Neste caso si podes elixir e traer ao teu compañeiro/parexa, "made in feita na casa" e "dalo todo".
Hoxe xoves 19 de setembro é o último día das "entradas anticipadas a 5 €", xa que a partir de mañá venres e o mesmo día do evento (sábado) quen se apunte, deberá aboar 10 €. Para quedar xa apuntado: juanorosal@hotmail.com ou ben dame axiña un toque ao 637 311 007 ou envíame un whatsapp.
Por último agradecer a presenza de Diego Álvarez Fernández, mestre de cerimonias da preparación do churrasco na I edición, que tamén vén de confirmar que será novamente o encargado de que todo saia "rico, rico". ¡¡Graciñas Diego polo teu contaxioso entusiasmo e fantástica colaboración!!