miércoles, 9 de octubre de 2013

A TVG ESTARÁ NA ENTREGA DE PREMIOS DO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS



Este sábado 12 de outubro ás 16:30 horas na Praza do Calvario (O Rosal) terá lugar a entrega de premios aos xogadores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2013.

Segundo me veñen de comunicar dende a Televisión de Galicia, un dos programas máis coñecidos da canle autonómica estará coas súas cámaras gravando este acto lúdico-deportivo.