Tal e como vos anunciara no último post do meu blog, as cámaras da Televisión de Galicia estiveron no Rosal o pasado sábado 12 de outubro, na XXVI Festa do Cabaqueiro.
O equipo do coñecido programa Vaia Troula, que presenta Nieves Rodríguez, gravou durante toda a tarde, tanto a demostración do lasqueo dos cabaqueiros, como tamén algunhas imaxes xogando ao futbolín e realizando pequenas entrevistas a veciños e veciñas da Comarca, que se achegaron ata a Praza do Calvario.
A verdade é que aínda foron unhas risas, pois nunha das gravacións tocoume botar unhas partidas coas reporteiras do programa (alá polo minuto 33). Un pracer compartir "mandos" e Festa do Cabaqueiro con Nieves, Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas.