lunes, 7 de octubre de 2013

JUANFRONYLLO TEAM, NO V CABAQUEIROS



Despois de máis de catro anos, cando menos dende o ano 2009, o sábado 5 de outubro foi o primeiro torneo oficial de futbolín disputado polo equipo JUANFRONYLLO TEAM.

Sempre tiñamos xogado enfrontamentos amistosos ata esta data, na que decidimos ir por fin xuntos, e ademais, nunha competición de renome como é esta "Champions de Futbolín do Baixo Miño".

Graciñas Sr. Frony (Sergio Diego Fernández) por esas partidazas. Sempre poderemos dicir que estivemos a puntiño de pasar a semifinais pero que no noso camiño se cruzaron os, a posteriori, campións deste V Cabaqueiros, Diego e Yeya.

¡¡Ata a próxima e a dalo todo!! ¡¡Homeclaro!!