Velaquí vos deixo o vídeo da pequena reportaxe que realizou o coñecido programa de televisión "Desde Galicia para el Mundo" (TVE Internacional) sobre os Muíños do Folón e do Picón.
Como veredes, fun convidado para falar -como guía e coautor do libro da súa historia- sobre o noso famoso conxunto de 67 enxeños hidráulicos, declarado pola Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural en 1998.
Dende aquí, a miña noraboa e agradecemento a DGM e en especial a María (xornalista) e a Fran (cámara).