Segundo me comunican dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, o vindeiro sábado 21 de xuño terá lugar en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (11:30 horas), a homenaxe "A/O Escritor/a na súa Terra", que cada ano impulsa a AELG.
Este 2014 chega xa á súa XX edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Xabier P. DoCampo.