martes, 7 de octubre de 2014

Graciñas aos participantes da "I Andaina 15k"



Tal e como vos contaba na última entrada do blog, este domingo 5 de outubro celebrouse, con máis de 800 participantes,  a II edición do evento deportivo, cultural e turístico, 15k del Atlántico.




Por vez primeira organizouse unha andaina de 15 kilómetros, que, como sabedes, tiven o pracer de dirixir polos municipios de Oia, O Rosal e A Guarda.



O campo municipal de Santa María de Oia foi o punto de encontro e saída. Terio Carrera, xornalista deportivo da TVG, unha vez máis, exerceu de speaker oficial deste "15k del Atlántico".



No barrio de Portecelo (Marzán-O Rosal) realizouse a única "parada técnica" no percorrido para tomar un "piscolabis", recuperar forzas e animar aos corredores desta 15k.



Alí puidemos disfrutar da memorable actuación do gañador final, Pedro Nimo del Oro, que amablemente devolveu aos participantes da andaina os saúdos e aplausos recibidos.



Tamén houbo tempo para o humor, para conversar e disfrutar dunhas vistas e unha paisaxe únicas, coa Costa Atlántica presente durante toda a ruta.



Dende aquí, o meu sincero agradecemento aos participantes desta andaina, ao coordinador xeral do "15k del Atlántico", Serafín Martínez Acevedo, a Ángeles Franco do Banco Mediolanum, a Cristóbal Coímbra de Miño Films, ao fotógrafo Sergio Casal e a todos os que, dunha maneira ou doutra, estivéchedes colaborando con este evento.




Dende xa, póñome mans á obra para solucionar calquera erro que se puidera cometer, aceptando por suposto calquera opinión ou crítica construtiva para mellorar, se cabe, a vindeira andaina.  

Podedes contactar comigo en juanorosal@hotmail.com

Graciñas a todos/as e ata a próxima. ¡Bicos e apertas!