Abro hoxe, domingo 7 de decembro, o facebook e me atopo con esta foto compartida da pasada Andaina 10k O Rosal. Feira do Viño e cun comentario -case a modo de pequeno artigo ou reflexión- do escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez.
Certamente a admiración e recoñecemento á súa persoa e ao seu traballo son, por suposto, mútuos... e como diría o outro Julio -Iglesias-: "Y lo sabes".
Non en van, hai unhas semanas convidaba nas redes sociais a visitar o seu blog, cun pequeno titular: "Calidad humana, artística y trabajo, 100% recomendable". Hoxe, claro está, reafírmome en todo o dito.
En verdade, non me gusta moito que "me boten flores", pero vindo de Julio Martínez estas palabras toman para min un gran valor. Creo que se pasa un pouco pola amizade que nos une (jeje) pero aínda así quero dende aquí agradecerlle este detalle comigo.
Sen dúbida, pareza tontería ou non, me dará forzas para afrontar con máis alegría e ilusión calquera proxecto ou actividade deportivo-cultural que sirva para disfrute de todos os veciños/as do noso querido Rosal e do Baixo Miño.
¡Unha forte aperta!