A vila da Guarda, e en concreto o Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta", acolle ata o mércores 31 de decembro unha exposición de debuxo do artista Basilio Calzado Domínguez, natural de Tebra (Tomiño) e residente na actualidade en Pías (O Rosal).
Segundo me contaba onte Basilio -autor tamén do cadro do "Trintiña e Piedra" que preside o salón do local-, trátase dunha pequena mostra de obras realizadas nos últimos tres meses, baixo a técnica do lápiz e o pastel.
Para máis información do seu traballo ou para asistir ás clases que imparte Basilio Calzado, podes contactar con el no teléfono 634 753 116.