viernes, 19 de diciembre de 2014

Speaker da I carreira "San Silvestre O Rosal"


Boas a todos/as!

Xa vos podo confirmar que serei o locutor ou "speaker" oficial da I edición da carreira popular "San Silvestre O Rosal" que se celebrará na nosa vila o vindeiro 31 de decembro e que reunirá a máis de 300 participantes de diferentes categorías.

Este evento deportivo está organizado polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, coa colaboración do Comercio do Rosal, que percorrerá as céntricas rúas do municipio, con saída e chegada na Praza do Calvario.


Tal e como anunciaba nunha entrada anterior, haberá dous percorridos, un de 2200 metros "para os que decidan correr" e outro de 930 metros "para os que prefiran facelo cos seus fillos camiñando, avós..."

Os dorsais se entregarán de 10 a 10:45 horas. Para máis información aquí ou chamando ao teléfono 986 62 50 00.

Sen máis, o meu sincero agradecemento á Organización por confiar en min para presentar esta novidosa carreira. 

¡Felices Festas, bicos e apertas!