Gravando unha entrevista na compaña de Coímbra e de Cristian Santiago, axudante de produción
Que tal. Como estades. ¡Agardo que ben! O pasado 25 de febreiro xa vos anunciaba nas redes sociais facebook e twitter que "Cristóbal Coímbra e máis eu, ao fronte da produtora audiovisual Miño Films, estamos traballando no documental sobre os nosos queridos Muíños do Folón e do Picón".
Despois de case tres semanas dende esta comunicación, aquí seguimos ao pé do cañón, en plena rodaxe, gravando hai uns días pola zona dos muíños unha actividade cos nenos/as do colexio Manuel Suárez Marquier.
Para este documental contamos coa colaboración e apoio do Concello do Rosal, da Comunidade de Montes de Santa Mariña, de O.L.V.R. e de Activa Dixital.
Queremos que camiñes dende o principio con nós e sexas colaborador e parte activa deste documental. ¿Queres participar? ¿Como? Infórmate no noso correo enviándonos unha mensaxe a minhofilms@gmail.com ou ben danos unha chamadiña a calquera destes teléfonos (637 125 853, Coímbra // 637 311 007, Juan Ramón).
En verdade, un pracer e un orgullo, como rosaleiros, poder realizar esta película dos nosos Muíños, que será gravada en galego, con subtítulos en castelán e -a lo menos- tamén, en inglés e que será presentada a diferentes festivais de cine nacionais e internacionais.
¡Calquera cousa, aquí lle andamos! ¡Bicos e apertas!