O futbolista galego Borja Oubiña, xogador internacional e durante moitos anos, capitán do Real Club Celta de Vigo, vén de comunicar hoxe, 22 de maio de 2015, a súa retirada do fútbol profesional.
Nunha emotiva rolda de prensa ofrecida sobre o céspede de Balaídos, Oubiña (33 anos) estivo arroupado polo presidente Mouriño, o consello de administración, empregados do club e como non, polo corpo técnico e xogadores do primeiro equipo.
En setembro do pasado 2014, durante a presentación da carreira e andaina "15k del Atlántico", tivemos o pracer de realizarlle unha entrevista para Miño Films.
Segundo afirmaba o "Gran Capitán Galego" na súa despedida, recoñeceu que "se vai doído" por non finalizar a súa carreira como quixera e por non ter sido o xogador que el imaxinou ser.
Borja Oubiña colga as botas tras unha parte da súa carreira marcada polas lesións, pero iso si, seguirá vinculado ao equipo olívico, "intentando que o Celta sea cada día mellor".
¡Dende aquí, moita sorte Borja na túa nova andaina deportiva!
¡Dende aquí, moita sorte Borja na túa nova andaina deportiva!