martes, 5 de mayo de 2015

O Rosal e o Novás, a pola División de Honor Prata


Tal e como comunica nas redes sociais o club Atlético Novás, O Rosal volverá a ser sede -por segundo ano consecutivo- da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional.

Os días 15, 16 e 17 de maio, o pavillón municipal albergará os partidos do Sector II, que enfrontará ao anfitrión Novás con Eibar, Granollers e Covadonga.


A miña noraboa a todos/as por esta fantástica noticia. Haberá que desplegar de novo a bufanda e as nosas mellores galas


¡Moita sorte e aúpa Novás!