miércoles, 1 de julio de 2015

Muíños do Folón, candidatos a "Mejor Rincón"


O conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do Folón-Picón (O Rosal-Pontevedra) é o candidato de Galicia no concurso nacional El Mejor Rincón 2015 da Guía Repsol "donde los usuarios de todo el país proponen lugares especiales por su valor cultural o natural, con el objetivo de que, gracias al apoyo de miles de personas, su rincón sea declarado como Mejor Rincón 2015".

Os Muíños do Folón-Picón foron elixidos para representar á Comunidade Galega, competindo ata o martes 7 de xullo coas 16 restantes de España e os seus correspondentes "rincóns". Os 8 máis votados (pódese votar diariamente) pasarán á seguinte rolda do concurso.


Tal e como escribín nunha entrada anterior: "Elixirase o lugar máis especial de España, polo seu valor cultural ou natural... e abofé que -sen menospreciar ningún outro sitio- tanto pola súa cantidade de muíños, como pola súa disposición xeográfica e pola infinidade de atractivos históricos, visuais e paisaxísticos deste Paraíso, na miña humilde opinión, o "Folón-Picón", meréceo.

Para votar e para máis información déixovos o enlace ao Concurso El Mejor Rincón 2015.