lunes, 13 de julio de 2015

XXIII edición da Feira do Viño do Rosal 2015


O pasado venres tivo lugar na Abadía das Eiras a presentación oficial da XXIII Feira do Viño do Rosal, que se celebrará esta fin de semana (17, 18 e 19 de xullo) na Praza do Calvario.


O xornalista da TVG, Terio Carrera foi o encargado de conducir este acto, que contou coa intervención do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Cultura, Charo Tabales, o organizador da 10k O Rosal, Serafín Martínez Acevedo e a veterana adegueira Rosa Ruíz.


Como podedes observar nesta crónica e vídeo de Infomiño, tamén me tocou intervir como coordinador da andaina que se realizará o domingo 19, con saída dende o Calvario, ás 10:30 horas.

PROGRAMA DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2015

Venres, 17 de xullo

20.00 Inauguración a cargo da Directora de Turismo, Nava Castro.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Benigno Campos, cociñeiro coñecido pola súa participación no programa da CRTVG “Larpeiros”.

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga.

02:00 Peche da Feira


Sábado, 18 de xullo

11:00 Carreira de nenos 

20:00 Presentación do Acanor Novás na Praza do Calvario

20:30 Actuación da Charanga 

02:00 Peche da Feira


Domingo, 19 de xullo

10:30 Andaina 10k

11:00 Carreira 10K

20:30 Actuación da Charanga 

24:00 Clausura da Feira


ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

EXPOSICIÓNS do 17 ao 26 de xullo na Sala de Exposicións do Concello:

HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas

PINTURA de DARÍO ÁLVAREZ VALADARES
OBXECTOS RESTAURADOS DE Mª DOLORES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
XXII MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL” (Este ano adicado á viticultura tradicional).