lunes, 28 de septiembre de 2015

Necesaria defensa e difusión da nosa literatura

Pazo da Cultura. (Foto: concello de Pontevedra)

Traballando co grupo nas "novas formas de edición". (Foto Mercedes Queixas Zas)

Tal e como vos comentaba na entrada anterior, o sábado 26 de setembro asistín no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra ao VI Congreso de Escritores/as da AELG, onde analizamos o futuro da lingua e literatura galegas. 



A presentación e benvida á convención correu a cargo de Anxos Riveiro (concelleira de Cultura), Mercedes Queixas Zas (secretaria xeral da AELG) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).


Presentación do VI Congreso de Escritores

Os grupos de traballo nos que participei foron os seguintes:
–Dereitos de autoría e profesionalización (coordinado por Francisco Castro). 
– Novas formas de edición (Rosalía Fernández Rial).
– Formación de lectores/as (Ledicia Costas).


Foto: Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG)

Despois de 7 anos como membro da AELG por fin puiden estar presente cos meus compañeiros nun simposio desta categoría e importancia para analizar "Para que(n) escribimos o futuro".



Dende aquí un cordial saúdo -entre outros- a Ernesto E. Calo e a Jorge Emilio Bóveda, así como a todos os compañeiros/as da AELG por estas animadas e proveitosas xornadas, que sen dúbida serán un punto de inflexión para ese "futuro" da literatura galega. 

O que teño claro é que entre todos/as temos que loitar pola necesaria defensa e difusión do "galego". Como podedes imaxinar, se non apreciamos e valoramos o noso, mal imos. 

Este é un avance das propostas e conclusións do VI Congreso de Escritores/as da AELG.

¡Unha forte aperta para todos/as!