O Rosal celebrará dende o 10 ao 12 de outubro a XXVIII edición da Festa ou Romancha do Cabaqueiro, que coincide anualmente coas Festas da Pilarica.
Tal e como se pode ler no cartel anunciador este será o programa de festexos:
SÁBADO 10
Baile e música tradicional da bisbarra. A partir das 7 da tarde, organizado polo grupo Do lusco ó fusco con motivo do seu 30 aniversario, no Auditorio Municipal.
DOMINGO 11
Obradoiros para nenos e nenas a partir das 5 da tarde. Ás 22:00 horas, actuación do grupo folk Can de Palleiro na Praza do Calvario (en caso de mal tempo a actuación será no Auditorio Municipal).
LUNS 12
Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. A partir das 17:30 horas terá lugar a celebración da XXVIII Festa de lembranza "Os Cabaqueiros" que comezará cun recoñecemento a Xoán Martínez Tamuxe pola súa labor historiadora e investigadora da nosa cultura e coa lectura do pregón a cargo de Antonio Giráldez Lomba, docente e historiador vigués.
Foto: facebook Lirolai
A partir das 19:00 horas, música tradicional co grupo Lirolai e a continuación concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal.
Durante todo o día haberá demostración de oficios tradicionais: palilleiras, cesteiro, tamanqueiro, canteiro...
Igualmente haberá unha exposición de pintura na Sala de exposicións do Concello de Valentín Marín Rodríguez.