miércoles, 23 de septiembre de 2015

Visita ao Folón-Picón e á adega Altos de Torona


Este sábado 19 de setembro tiven o pracer de guiar en O Rosal a primeira ruta polos Muíños do Folón e Picón, despois da miña recente viaxe polas Américas.



A visita estivo organizada polo portugués Grupo Terra Verde, con comida incluida nun coñecido restaurante da vila, para xa de tarde coñecer os fantásticos viñedos e instalacións que Altos de Torona ten en Vilachán (Tomiño).



Dende aquí o meu especial agradecemento -entre outros- aos amigos do Camiño Portugués pola Costa, Jorge Torres, Manuel Valdrez e Antonio Fernández Pablos, así como a José Antonio Torres, director-xerente da citada adega, polo seu exquisito trato.



¡Agardando volver a colaborar xuntos de novo neste tipo de actividades turístico-culturais polo Baixo Miño, recibide unha forte aperta!