lunes, 5 de octubre de 2015

Guía da Experiência ECOTUR por O Rosal



Este sábado 10 de outubro colaborarei na Experiencia ECOTUR de Uniminho/Associação do Vale do Minho Transfronteiriço, que foi constituída pola Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho (actual Associação de Municípios do Vale do Minho) e a Diputación Provincial de Pontevedra, o 4 de novembro de 2005, no edifício da ex-Alfândega de Valença.


A Experiencia ECOTUR 2015 deste sábado distribúese en tres actividades (todas gratuítas) a realizar entre Vila Nova de Cerveira, Tomiño O Rosal, A Guarda e Caminha.


Hai que elixir entre as experiencias (Ativa, Bravo e Convivio), tendo cada unha un límite de participantes. Podes contactar co organizador, Patrick Esteves, inscribirte no e-mail: experienciaecotur@gmail.com ou ben, solicitar máis información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal (986 62 50 00).


Pola miña parte, e se te animas, comunícote que ofrecerei as correspondentes explicacións e acompañamento nas experiencias A (visita guiada aos muíños do Folón e do Picón) e C (petroglifos de Ghorghalado en Eiras). ¡Vémonos!



ATENCIÓN. Segundo me veñen de comunicar hai uns intres dende a Organización: "por motivos de modificación das condicións climatolóxicas para mañá (10) baixo a influencia do furacán "Joaquín" (depresión extratropical) teremos que aprazar as Experiencias Ecotur ao seguinte día 24 de outubro, mantendo as mesmas actividades e inscritos".