Historias, cantos, contos, músicas e oficios das Terras da Estrada.
Segundo comunica a AELG, o acto terá lugar o vindeiro venres 9 de outubro, a partir das 20:00 no MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada), con entrada libre até completar aforo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega leva á Estrada a súa trixésima edición das Polafías*, un proxecto da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, nesta ocasión co patrocinio da Consellaría de Cultura e do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e co título Historias, cantos, contos, músicas e oficios das Terras da Estrada.
A AELG coorganiza esta Polafía coa Asociación Cultural Vagalumes e a colaboración inestimable da Asociación Cultural “Tamparrantán” e máis do Grupo Tequexetéldere.
*A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical.