Finalmente será este sábado 24 de outubro, cando guiarei dúas rutas por O Rosal -despois de ser aprazadas por mal tempo- dentro da Experiencia ECOTUR de Uniminho/Associação do Vale do Minho Transfronteiriço.
A Experiencia ECOTUR 2015 deste sábado distribúese en tres actividades (todas gratuítas) a realizar entre Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Caminha.
Pola miña parte, ofrecerei as correspondentes explicacións e acompañamento aos participantes nas experiencias A (visita guiada aos muíños do Folón e do Picón) e C (petróglifos de Ghorghalado en Eiras).
Máis info aquí.
Máis info aquí.