Verónica (segunda pola esquerda) coa súa medalla de ouro, en Avilés. (Fotos: M.P.)
Segundo informa a súa adestradora, Mónica Pacheco Lomba, a xovencísima judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco (Club de Judo Do-Majo) vén de proclamarse esta fin de semana en Avilés, campiona da Supercopa de España en categoría infantil.
Verónica daba a sorpresa do día ao conseguir a vitoria na categoría de menos de 40 kg, onde gañou todos os seus combates pola máxima puntuación Ippon.
Á espera de confirmación oficial, a judoka do Rosal lidera con tan só 12 anos o ranking nacional infantil na súa categoría.
¡Noraboa a Mónica, ao Club Do-Majo e como non, á nosa campiona Verónica. Ánimo, a seguir así e oxalá que veñan moitos máis éxitos!