miércoles, 5 de septiembre de 2012

ENTREGÁRONSE OS DIPLOMAS DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA




Boas a todos/as!

Velaquí vos deixo unha pequena crónica e as fotografías da entrega de diplomas do III Open de Futbolín O Rosal 2012 que tivo lugar o pasado sábado 31 de agosto no Bar Troya.

Para comezar, o meu agradecemento ás simpáticas "azafatas" Nina López e Ruth Martínez, así como a Sergio Casal e Cristina Brey por cubrir a reportaxe fotográfica do evento.

A pesar de que era un día "malo" (sábado á noite) achegáronse ata o Troya a metade dos participantes para recoller in situ os seus diplomas. Nalgúns casos os propios asistentes aproveitaron para, no nome dalgúns xogadores/as, levarlles ese certificado de recoñecemento e lembranza.

Serviu esta entrega de diplomas para homenaxear tamén a Gustavo Jurado pola súa participación no II Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2010; e a Carlos Díaz e Santi González por debutar no I Open de Futbolín O Rosal 2012, celebrado tamén no Bar Troya, no mes de xaneiro.

Nina López recolleu o seu diploma como "secretaria" e colaboradora deste III Open, así como o da Confitería Rogelio de O Rosal.

Heliodoro Rodríguez González "Lelo", propietario do Bar Troya, foi obsequiado -entre outros agasallos- cun diploma de agradecemento e cunha fotografía ampliada da entrega de premios celebrada o día do campionato (24 de agosto) e que proximamente se poderá contemplar en forma de cadro no propio local.

Na actualidade estou traballando en varios proxectos socioculturais tanto na vila do Rosal, como na comarca do Baixo Miño... e máis alá. Agardo en breve poder contarvos máis polo miúdo en que estado se atopan e -se definitivamente e axiña- se fan realidade.

¡¡Desexándovos moita saúde, recibide bicos e apertas!!