martes, 28 de agosto de 2012

PRESENTACIÓN NA GUARDA DO LIBRO "O TECLA" DE MANUEL ÁLVAREZ VICENTE


O sábado 25 de agosto fomos convidados polo Concello da Guarda á presentación na Casa dos Alonso da reedición en galego e en portugués do libro El Tecla da autoría de Manuel Álvarez Vicente*.

Deu a benvida ao acto -repleto de público- o alcalde guardés, José Manuel Domínguez Freitas, acompañándolle na mesa presidencial o bisneto do autor, Luis Álvarez Barbosa, o estudoso José Antonio Uris Guisantes, o doutor en Historia, Joaquín Miguel Villa Álvarez (na imaxe), a tradutora da obra ao portugués María Joao Álvarez Matos  ou mesmo o editor Joaquim Pintos da Silva.

*Manuel Álvarez Vicente naceu na Guarda o 24 de agosto de 1857 e emigrou a Puerto Rico, onde completou a súa formación. Xa de volta en España, e con gran poder económico, realiza diferentes e importantes inversións. 

Foi socio fundador e presidente do Recreo Artístico Guardés, colaborador de La Integridad, El Pueblo, Vida Gallega, Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, etc.

Escritor e poeta, Manuel Álvarez foi alcalde da Guarda en dúas ocasións. Finou o 2 de marzo de 1936, dedicándoselle en 1982 unha rúa co seu nome.