Rapaces
e rapazas. ¡¡Xa está aquí!!
O sábado 6 de outubro celebrarase na Praza do
Calvario do Rosal o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2012 para todas as
persoas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e
Tui).
Organizarei novamente, con toda a ilusión e alegría do mundo, este evento lúdico-deportivo
e sociocultural, que este ano conta, entre outros, coa colaboración da
Asociación Os Cabaqueiros e do Concello do Rosal.
Con
motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro, como novidade,
xogaranse todas as partidas o sábado, dende as 15:00 horas. O prezo da
inscrición (que será individual) é de tan só 5 euros, co mesmo sistema que os
“Open de Futbolín O Rosal”, coñecendo a parella de cada xogador/a por sorteo,
intres antes do comezo do torneo.
Dende
a Organización –e debido á crise económica- decidiuse rebaixar a cota de
inscrición para xogar o torneo, así como modificar nesta edición, coincidindo
co XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro, o dito sistema de elección de
equipos para desta maneira fomentar, máis, se cabe, a participación de novos
xogadores/as de futbolín e disfrutar dunha xornada de ocio entre amigos/as
nesta homenaxe aos vellos mestres telleiros.
A
entrega de premios e trofeos terá lugar o venres 12 de outubro, ás 16:30 horas,
intres antes da lectura do pregón da XXV Festa do Cabaqueiro, que este ano
estará a cargo do recoñecido historiador e profesor guardés Ermelindo Portela
Silva.
¡¡Vivan
os CABAQUEIROS e viva o FUTBOLÍN!!