miércoles, 28 de agosto de 2013

OS ÚLTIMOS PRIVILEXIADOS DO FOLÓN-PICÓN: EVARIST, MARÍA E FAMILIA



Este luns 26 de agosto acompañei aos amigos Evarist, María e familia pola ruta dos 67 muíños do Folón e Picón. 


Quen nos ía dicir que sería a última vez que os nosos ollos disfrutarían daquela fermosa paisaxe tal e como a coñecíamos nos últimos tempos (ese mesmo día produciuse o maior incendio en anos no Baixo Miño, afectando -entre outros- a este conxunto histórico e etnográfico).


Escribo esta entrada dende a miña casa no Calvario (O Rosal) escoitando aínda o continuo voo de avións e helicópteros que seguen loitando contra un voraz lume que se iniciou ese luns en Burgueira (Oia) e do que vos falarei en seguintes posts.


Dende aquí, o meu agradecemento e saúdos para Evarist e á súa familia, tanto á de Catalunya como a da cercana Redondela (en concreto da parroquia de Cesantes) desexándolles o mellor do mellor.

Unha forte aperta.